Coidados da sonda PEG

Coidados da sonda PEG


  • Para evitar a proliferación de xermes, o primeiro será lavar as mans con auga e xabón.


  • Cando realizas a hixiene do estoma, ao mesmo tempo limpas a parte externa da sonda. Levanta a placa de fixación pero evita tirar dela. Utiliza auga e xabón para limpar a zona e seca moi ben a pel.


  • Comproba que a placa de fixación sobre a pel está colocada de tal forma que non exerce presión. Se observas que está demasiado axustada, podes aumentar a distancia entre o soporte e o estoma.


  • A diario deberás virar a sonda dando unha volta completa de 360º. Desta forma evitarás adherencias á pel. Pero non deberás nunca tirar da sonda porque pode desprenderse. 


  • Podes fixar a sonda á parede do abdome. Para iso aproveita a curva que fai a sonda. Utiliza esparadrapo hipoalerxénico para evitar torceduras ou tracción. Deberás cambiar a diario o esparadrapo e a zona de fixación da sonda.


  • Comproba que a sonda non se desprazou. A sonda ten unhas marcas nun lateral graduadas en centímetros.


  • Cada 15 días, debes comprobar a auga do balón de fixación da sonda. Usando unha xiringa, retira e comproba a cantidade para acabar reintroducindo e así manter a fixación interna.


  • Os tapóns da sonda deberán permanecer pechados durante os períodos nos que non se estea utilizando a sonda, xa sexa para alimentación ou medicamentos.


2021-05-04_130310.png
quefacer.png