Complicacións relacionadas coa nutrición

Complicacións relacionadas coa nutrición

Náuseas o​u vómitos


Posibles causas: 

  • O baleirado do estómago é máis lento.
  • É o efecto secundario dalgúns medicamentos.
  • A introdución do alimento pola sonda foi moi rápida.


Que podes facer:

  • Detén a administración durante 1 ou 2 horas.
  • Incorporado na cama ou sentado, así facilitarás o baleirado do estómago.
  • Reinicia a administración lentamente.

Diarrea


Posibles causas: 

  • Os antibióticos e algúns medicamentos poden ser responsables.
  • A infusión é demasiado rápida.
  • O alimento pode estar contaminado.


Que podes facer:

  • A infusión debe ser máis lenta.
  • Podes necesitar unha modificación da dieta.
  • A hixiene de mans e a correcta conservación dos alimentos son moi importantes.

Estrinximento


Posibles causas: 

  • A auga administrada non é suficiente.
  • A dieta é pobre en fibra.
  • Está a realizar pouca actividade física.
  • Ten fecalomas no intestino. 


Que podes facer:

  • Proporciona máis auga.
  • Pode necesitar un cambio de dieta.
  • Se é posible, o exercicio moderado pode axudar.
  • Se non consegues resolver algunha destas complicacións deberás consultalo co médico.

ICONOLSE1.jpg


Vídeo 

agua.jpg
ICONOLSE1.jpg