O día 3 de Xuño do 2014 impartiuse un obradoiro de "Primeiros Auxilios " no local da terceira idade de Sigueiro, Oroso.
O obxectivo foi adquirir coñecementos básicos sobre o manexo de situacións que requiran actuación de primeiros auxilios básicos e aclarar dúbidas referentes aos primeiros auxilios.
O programa da actividade incluia os seguintes temas:
Atención inicial en situacións de urxencia máis frecuentes:
Como chamar ao 061?, Asistencia inicial ante un traumatismo, feridas e hemorraxias.
Convulsións, crise epiléptica. Dificultade respiratoria: ansiedade, crise asmática, etc.
Dor torácica. Queimaduras: escaldadura. Perda de coñecemento: sincope, coma,…..
Diabetes: hipoglucemia. Reaccións alérxicas. Intoxicacións.
Reanimación cardiopulmonar básica: atragantamento, recoñocemento dunha PCR.
O obradoirofoi impartido por María Amparo González Blanco, médico asistencial, Base da Coruña, FPUS 061 Galicia.
Cabe destacar a participación dos asistentes na parte práctica da aprendizaxe das maniobras de reanimación.