A Escola Galega de Saúde para cidadáns desenvolve as actividades necesarias para conseguir os seguintes obxectivos.
Mellorar a formación e información de pacientes e cidadáns para:
- Facilitar a toma de decisións sobre os seus procesos de saúde
- Fomentar os autocuidados asi como a autogestión da súa enfermidade dotándoos das ferramentas e da formación necesaria para iso
- Mellorar a calidade e seguridade asistencial
- Mellorar a satisfacción de pacientes e cidadáns
- Mellorar a comunicación coas organizacións sanitarias
- Incrementar os niveis de participación contribuíndo á sustentabilidade do sistema sanitario
Os equipos docentes están compostos por expertos profesionais médicos, enfermeiros, psicólogos, farmacéuticos e outros profesionais da saúde, así como polos propios pacientes e cidadáns.
Como o facemos?
- A Escola Galega de Saúde para cidadáns, detecta necesidades formativas a través das propostas recibidas dende as diferentes asociacións e organizacións cidadáns así como as que emanan dos plans estratéxicos do Servizo Galego de Saúde.
- Despois de ser aprobadas e priorizadas as propostas recibidas, realízase a programación das mesmas optimizando os recursos dispoñibles
- Ofrecemos formación online sobre os diferentes problemas de saúde e para levalo a cabo a Escola selecciona e elabora material didáctico previamente validado por expertos no tema.
- Realízanse obradoiros de formación presencial sobre temas de saúde en toda a Comunidade Autónoma.