Tipos de alimentación por PEG.
En bolo, coincide coa hora habitual das comidas. Os alimentos deben ser adecuados. Tamén deben conter líquidos para asegurar unha hidratación axeitada.
Contínua, utilizando unha máquina infusora programada para un fluxo constante.
Formas de administración:
Gravidade: é o método máis recomendado.
- Conecta o recipiente da alimentación a un equipo de tubuladuras para a administración.
- Coloca o recipiente a 60 cm por encima da cabeza e conecta a sonda.
- Gradúa a velocidade de administración axudándote da roda reguladora.
Bomba de infusión: permite manter a infusión contínua ou fraccionar as tomas, segundo o establecido.- Conecta o bote de alimentación ao equipo infusor.
- Adáptao á bomba infusora.
- Programa a bomba infusora coas cantidades exactas necesarias.
- Se a administración é cíclica, será en períodos de 8 a 10 horas, para interferir o menos posible coa actividade diaria.
Xiringa: o seu uso está indicado polo médico.- Utiliza unha xiringa de 50 a 100 ml para introducir a alimentación.
- A alimentación será fraccionada en varias tomas segundo o volume diario establecido.
- É recomendable non superar os 400 ml por toma.
- A administración debe ser lenta, cunha duración de, polo menos, 20 minutos.