Para evitar a proliferación de xermes, o primeiro será lavar as mans con auga e xabón. Cando realizas a hixiene do estoma, ao mesmo tempo limpas a parte externa da sonda. Levanta a placa de fixación pero evita tirar dela. Utiliza auga e xabón para limpar a zona e seca moi ben a pel. Comproba que a placa de fixación sobre a pel está colocada de tal forma que non exerce presión. Se observas que está demasiado axustada, podes aumentar a distancia entre o soporte e o estoma. A diario deberás virar a sonda dando unha volta completa de 360º. Desta forma evitarás adherencias á pel. Pero non deberás nunca tirar da sonda porque pode desprenderse. Podes fixar a sonda á parede do abdome. Para iso aproveita a curva que fai a sonda. Utiliza esparadrapo hipoalerxénico para evitar torceduras ou tracción. Deberás cambiar a diario o esparadrapo e a zona de fixación da sonda. Comproba que a sonda non se desprazou. A sonda ten unhas marcas nun lateral graduadas en centímetros. Cada 15 días, debes comprobar a auga do balón de fixación da sonda. Usando unha xiringa, retira e comproba a cantidade para acabar reintroducindo e así manter a fixación interna. Os tapóns da sonda deberán permanecer pechados durante os períodos nos que non se estea utilizando a sonda, xa sexa para alimentación ou medicamentos. Vídeo
Para evitar a proliferación de xermes, o primeiro será lavar as mans con auga e xabón.
Cando realizas a hixiene do estoma, ao mesmo tempo limpas a parte externa da sonda. Levanta a placa de fixación pero evita tirar dela. Utiliza auga e xabón para limpar a zona e seca moi ben a pel.
Comproba que a placa de fixación sobre a pel está colocada de tal forma que non exerce presión. Se observas que está demasiado axustada, podes aumentar a distancia entre o soporte e o estoma.
A diario deberás virar a sonda dando unha volta completa de 360º. Desta forma evitarás adherencias á pel. Pero non deberás nunca tirar da sonda porque pode desprenderse.
Podes fixar a sonda á parede do abdome. Para iso aproveita a curva que fai a sonda. Utiliza esparadrapo hipoalerxénico para evitar torceduras ou tracción. Deberás cambiar a diario o esparadrapo e a zona de fixación da sonda.
Comproba que a sonda non se desprazou. A sonda ten unhas marcas nun lateral graduadas en centímetros.
Cada 15 días, debes comprobar a auga do balón de fixación da sonda. Usando unha xiringa, retira e comproba a cantidade para acabar reintroducindo e así manter a fixación interna.
Os tapóns da sonda deberán permanecer pechados durante os períodos nos que non se estea utilizando a sonda, xa sexa para alimentación ou medicamentos.