Coidados do estoma da gastrostomía

Información relacionada

Coidados do estoma da gastrostomía

estoma.png


  • Para evitar a propagación de xermes, o primeiro será lavar as mans con auga e xabón.


  • A hixiene do estoma deberá realizarse polo menos unha vez ao día e cada vez que presente exudado.


  • Para a hixiene, realiza un movemento de arrastre en forma circular, desde a zona do estoma cara ao exterior.


  • Durante os primeiros 15 días despois da intervención, lava a zona do estoma con auga e xabón, aclarando ben con auga e secando ben. Ao terminar, aplica antiséptico na zona.


  • Cubre a zona cunha gasa, rodeando a sonda e colocándoa sobre a pel e o dispositivo de fixación. Esta gasa deberase cambiar diariamente.


  • A partir da terceira semana despois da intervención, só será necesario lavar o estoma con auga e xabón.


  • É importante manter seca a pel que rodea a sonda; por iso debes evitar a aplicación de locións, pomadas ou cremas salvo que estean indicadas polo equipo de saúde.


  • Se a zona do estoma non presenta ningunha complicación, pódese usar a ducha sen protección na zona a partir dos 7 despois da colocación da sonda. Recoméndase ducha fronte ao baño de inmersión.


  • Será necesario facer unha revisión diaria da zona do estoma para comprobar a ausencia de complicacións: zona arroibada, inflamada, secreción, ou dolorosa á palpación.


  • A roupa frouxa é a máis aconsellada porque evita presión sobre o estoma.


​​​rotar.png

Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde