O día 26 de febreiro do 2016 tivo lugar un relatorio sobre "Alimentación saudable" organizado po la Escola Galega de Saúde para Cidadáns na fundación Ortegalia de Ortigueira. A docente do mesmo foi Ana Mª Martínez Lórente, técnico do servizo de Hábitos de vida saudables da Consellería de Sanidade
O obxectivo foi concienciar á
poboación da importancia de practicar hábitos saudables e mellorar a calidade
de vida contribuíndo á prevención de enfermidades.
En primeiro lugar, e como breve
introdución déronse a coñecer algunhas nocións elementais das repercusións do
estilo de vida ao longo da vida e concretamente do patrón dietético na saúde.
Posteriormente invitouse aos participantes a organizarse en grupos para
desenvolver 3 exercicios prácticos. No primeiro, tiñan que expresar aqueles
aspectos que determinan a elección de alimentos e os criterios que para eles
constitúen unha alimentación saudable. No segundo, invitóuselles a elaborar
menús para distintos grupos de poboación. No terceiro, tiveron que interpretar
distintas etiquetas nutricionais e comentar aqueles aspectos (información, perfís
nutricionais...) relevantes para as eleccións cotiás. Cada un dos 3 exercicios
foi seguido dunha explicación sinxela por parte da docente e a partir dos
coñecementos previos do alumnado. Emitíronse tamén consellos sobre o patrón
alimentario nas distintas etapas vitais e, en función das diferentes patoloxías
dos asistentes, algúns criterios nutricionais clave tento en conta os distintos
tratamentos e os condicionantes da enfermidade crónica.
Os medios, o espazo, as
facilidades e o interese que amosaron as organizadoras da actividade foron
determinantes para manter en todo momento un clima moi favorable para a
adquisición de habilidades. A aprendizaxe foi activa e moi participativa ao
longo de toda a actividade formativa.