O xoves 24 de abril, tivo lugar en Cabreiros- Xermade a realización dun Obradoiro sobre cancro de Mama, no que participaron 32 persoas.
Esta actividade está encadrada dentro da Escola Galega de Saúde para Cidadáns e nesta ocasión a charla foi impartida por Purificación Morado Quiñoá, enfermeira da EOXI de Lugo.
Os temas dos que se falaron foron:
Que é o cancro de mama, como se detecta, a prevención e detección precoz. O diagnóstico e cales son os tratamentos.
O cancro de mama en mulleres e homes.
Proceso de adaptación, como afrontar os cambios na imaxe corporal.
Algúns mitos sobre o cancro de mama.