1 00:00:06,166 --> 00:00:09,066 Outro aspecto dentro do tratamento sintomático 2 00:00:09,066 --> 00:00:11,432 é o tratamento da espasticidade que xa comentei antes, 3 00:00:11,433 --> 00:00:13,299 ao falar da deambulación. 4 00:00:13,300 --> 00:00:15,300 A espasticidade é un síntoma moi frecuente 5 00:00:15,300 --> 00:00:18,966 mesmo desde momentos moi iniciais da enfermidade. 6 00:00:18,966 --> 00:00:21,999 Adoita... ten unha definición un pouco complexa, 7 00:00:22,000 --> 00:00:25,266 pero podemos dicir que é unha sensación 8 00:00:25,266 --> 00:00:28,699 do doente de incapacidade para relaxar a musculatura 9 00:00:28,700 --> 00:00:30,700 cando lle fai falta relaxala. 10 00:00:30,700 --> 00:00:32,666 É unha definición de andar pola casa, 11 00:00:32,666 --> 00:00:35,666 pero que nos é moi útil para entender en que consiste. 12 00:00:35,666 --> 00:00:38,999 É unha secuela das lesións do feixe piramidal, 13 00:00:39,000 --> 00:00:42,666 que é o que leva a información para realizar os movementos 14 00:00:42,666 --> 00:00:45,566 e é unha secuela que ademais ten... provoca 15 00:00:45,566 --> 00:00:47,599 unhas limitacións ás veces moi importantes 16 00:00:47,600 --> 00:00:52,366 non soamente, como dixen antes para deambular, senón que condiciona unhas secuelas, 17 00:00:52,366 --> 00:00:55,266 por exemplo, para durmir: a sensación de rixidez, 18 00:00:55,266 --> 00:00:58,766 de ter as pernas ou os brazos metidos 19 00:00:58,766 --> 00:01:01,299 como nunha especie de camisa de forza, 20 00:01:01,300 --> 00:01:05,100 failles moi difícil descansar, durmir, 21 00:01:05,100 --> 00:01:09,300 espértaos moitas veces, e incluso provoca espasmos dolorosos. 22 00:01:09,300 --> 00:01:11,866 Noutras ocasións, a espasticidade non só fai iso, 23 00:01:11,866 --> 00:01:15,832 senón que vai dar lugar ao desenvolvemento de posturas anómalas 24 00:01:15,833 --> 00:01:19,399 que, co tempo, van condicionar mesmo a posición das articulacións 25 00:01:19,400 --> 00:01:20,833 e pode ocasionar incluso outras cousas 26 00:01:20,833 --> 00:01:25,833 como son fracturas patolóxicas, ou mesmo dor. 27 00:01:25,833 --> 00:01:29,299 Temos varios fármacos que poden empregarse na espasticidade. 28 00:01:29,300 --> 00:01:31,233 O fármaco máis habitual é o baclofeno, 29 00:01:31,233 --> 00:01:34,533 o seu nome comercial é Lioresal, 30 00:01:34,533 --> 00:01:37,466 pero hai outras variantes como pode ser a Tizanidina, 31 00:01:37,466 --> 00:01:39,599 que tamén é outro fármaco: o Sirdalud... 32 00:01:39,600 --> 00:01:44,866 son dous fármacos únicos, por iso digo o nome comercial. 33 00:01:44,866 --> 00:01:48,599 E tamén se poden usar outras variantes como poden ser 34 00:01:48,600 --> 00:01:51,866 as benzodiacepinas, Valium e derivados. 35 00:01:51,866 --> 00:01:53,032 O problema do uso destes fármacos 36 00:01:53,033 --> 00:01:56,133 é que hai que facer o traxe a cada doente, 37 00:01:56,133 --> 00:01:58,766 porque a dose non é unha dose estándar. 38 00:01:58,766 --> 00:02:00,366 Na espasticidade hai que ter en conta 39 00:02:00,366 --> 00:02:02,999 que é un mecanismo que tamén nos permite deambular, 40 00:02:03,000 --> 00:02:05,300 se eu non teño boa rixidez nas pernas 41 00:02:05,300 --> 00:02:08,100 pois posiblemente non podería ser capaz de moverme 42 00:02:08,100 --> 00:02:10,100 ao longo dun traxecto. 43 00:02:10,100 --> 00:02:12,833 Cando eu baixo esa rixidez ou a diminúo máis da conta, 44 00:02:12,833 --> 00:02:15,266 esas pernas poden dobrar e dificúltame camiñar 45 00:02:15,266 --> 00:02:18,799 e, por iso, a espasticidade é un síntoma que non é sinxelo de controlar, 46 00:02:18,800 --> 00:02:21,433 porque a dose do fármaco e o horario 47 00:02:21,433 --> 00:02:24,166 ao que teñen que tomarse non é sempre o mesmo 48 00:02:24,166 --> 00:02:27,766 e, ademais, non é sempre o mesmo dentro do mesmo doente. 49 00:02:27,766 --> 00:02:31,866 Hai algunhas outras técnicas que se poden empregar para control da espasticidade 50 00:02:31,866 --> 00:02:34,132 como pode ser a propia administración do baclofeno, 51 00:02:34,133 --> 00:02:37,266 do Lioresal pero por vía intratecal, 52 00:02:37,266 --> 00:02:41,132 a través dun dispositivo sinxelo de poñer, 53 00:02:41,133 --> 00:02:43,233 que o poñen os neurocirurxiáns, e o que fai é gotear 54 00:02:43,233 --> 00:02:46,599 directamente o Lioresal na medula espiñal 55 00:02:46,600 --> 00:02:52,200 e facer un control moito máis focal dos síntomas 56 00:02:52,200 --> 00:02:56,766 e neste momento posiblemente tamén o Sativex, os derivados cannabinoides... 57 00:02:56,766 --> 00:02:59,499 posiblemente non, seguro, que os derivados cannabinoides 59 00:02:59,500 --> 00:03:02,733 nos poden axudar no control da espasticidade. 60 00:03:02,733 --> 00:03:06,833 Aínda que están indicados para os espasmos dolorosos da esclerose mútiple, 61 00:03:06,833 --> 00:03:10,299 vimos que os doentes que utilizan derivados cannabinoides 62 00:03:10,300 --> 00:03:15,200 tamén, incluso nos test que facemos subxectivos de calidade de vida etc., 63 00:03:15,200 --> 00:03:18,800 refiren unha melloría en canto á súa capacidade para deambular 64 00:03:18,800 --> 00:03:22,300 e iso é, obviamente, porque conseguimos un control, 65 00:03:22,300 --> 00:03:26,700 parcial polo menos, deses síntomas de espasticidade que teñen os enfermos.