1 00:00:05,466 --> 00:00:07,699 Nalgúns outros síntomas da enfermidade 2 00:00:07,700 --> 00:00:11,666 teño que dicir, e é unha frustración que temos 3 00:00:11,666 --> 00:00:15,099 e que esperemos que en poucos anos a consigamos reverter, 4 00:00:15,100 --> 00:00:18,366 algúns síntomas non somos capaces de controlalos ben. 5 00:00:18,366 --> 00:00:21,866 Un deles e un dos máis discapacitantes é o tremor. 6 00:00:21,866 --> 00:00:25,699 Pódense sempre intentar fármacos como pode ser a primidona, 7 00:00:25,700 --> 00:00:28,333 como poden ser, incluso, relaxantes musculares, 8 00:00:28,333 --> 00:00:31,399 como poden ser benzodiacepinas, pero a verdade é que 9 00:00:31,400 --> 00:00:33,233 hai que confesar que para o tratamento do tremor 10 00:00:33,233 --> 00:00:38,033 estamos moi desarmados e basicamente trátase dun tratamento fisioterápico 11 00:00:38,033 --> 00:00:43,866 e un tratamento con algúns mecanismos ortopédicos 12 00:00:43,866 --> 00:00:47,732 que fan que o doente pois poida comer el por si mesmo, 13 00:00:47,733 --> 00:00:50,333 ou polo menos valerse cunha maior facilidade, 14 00:00:50,333 --> 00:00:53,999 pero o tratamento é, hoxe por hoxe, moi descorazonador. 15 00:00:54,000 --> 00:00:56,966 Outros síntomas nos que tamén estamos bastante desarmados 16 00:00:56,966 --> 00:00:58,666 son os trastornos cognitivos. Hai que dicir que 17 00:00:58,666 --> 00:01:02,799 na esclerose múltiple, os doentes teñen moito medo, 18 00:01:02,800 --> 00:01:08,933 como comentei haci un anaco, teñen moito medo á deterioración cognitiva 19 00:01:08,933 --> 00:01:12,099 e hai que dicir que, salvo os casos dunha alta agresividade, 20 00:01:12,100 --> 00:01:14,733 non hai unha deterioración como nós coñecemos unha demencia. 21 00:01:14,733 --> 00:01:16,866 O que adoita ocorrer na esclerose múltiple 22 00:01:16,866 --> 00:01:21,232 é que hai unha diminución na velocidade de procesamento dos datos. 23 00:01:21,233 --> 00:01:24,066 Se nós pensamos no que dixen antes e un dos fármacos 24 00:01:24,066 --> 00:01:27,732 que é a fampridina que permite que o doente camiñe con máis rapidez, 25 00:01:27,733 --> 00:01:30,966 formulouse mesmo a posibilidade de utilizar este tipo de fármacos 26 00:01:30,966 --> 00:01:35,266 nese tratamento, vemos que algúns doentes poden mellorar, 27 00:01:35,266 --> 00:01:38,999 polo menos transitoriamente, pero é un campo aínda por explorar. 28 00:01:39,000 --> 00:01:44,500 E por último hai un aspecto moi frecuente, que é a depresión. 29 00:01:44,500 --> 00:01:47,333 A depresión pode ser a depresión reactiva ao diagnóstico 30 00:01:47,333 --> 00:01:51,033 ou ao propio prognóstico que o doente pode establecer da enfermidade. 31 00:01:51,033 --> 00:01:53,966 Nós normalmente non establecemos factores prognóstico, 32 00:01:53,966 --> 00:01:57,166 polo menos inicialmente, pero o doente si que fai unha composición 33 00:01:57,166 --> 00:02:00,899 do que pode ocorrer e dá lugar a depresións reactivas que se tratan 34 00:02:00,900 --> 00:02:04,266 como calquera outra depresión reactiva, con fármacos antidepresivos, 35 00:02:04,266 --> 00:02:06,899 habitualmente o que utilizamos son inhibidores selectivos 36 00:02:06,900 --> 00:02:11,100 da recaptación de serotonina, os ISRS. 37 00:02:11,100 --> 00:02:15,100 Pero hai que dicir tamén que hai episodios ou trastornos depresivos 38 00:02:15,100 --> 00:02:17,700 ou trastornos condutuais que poden ser secundarios 39 00:02:17,700 --> 00:02:19,900 ás lesións de esclerose múltiple. 40 00:02:19,900 --> 00:02:21,800 Ben é certo que son moi pouco frecuentes 41 00:02:21,800 --> 00:02:24,533 porque son lesións moi localizadas na ínsula, 42 00:02:24,533 --> 00:02:29,033 nalgunhas partes do lóbulo temporal, nalgunhas zonas do lóbulo frontal, 43 00:02:29,033 --> 00:02:32,599 pero tamén hai que considerar que moitas veces, nestas circunstancias, 44 00:02:32,600 --> 00:02:36,066 o tratamento ten que ser máis o tratamento da propia esclerose múltiple 45 00:02:36,066 --> 00:02:38,799 que o tratamento con fármacos antidepresivos que non fariamos nada 46 00:02:38,800 --> 00:02:42,900 se non conseguimos controlar as lesións desta localización.