1 00:00:06,266 --> 00:00:11,066 Malia o crecemento progresivo dos quistes e o aumento do tamaño dos riles, 2 00:00:11,066 --> 00:00:16,399 a función renal adoita manterse normal durante as primeiras décadas da vida, 3 00:00:16,400 --> 00:00:19,666 pero a medida que pasan e transcorren os anos, 4 00:00:19,666 --> 00:00:22,999 a función renal deteriórase dunha maneira progresiva 5 00:00:23,000 --> 00:00:25,433 de xeito que a maioría dos 6 00:00:25,433 --> 00:00:27,133 pacientes soe precisar 7 00:00:27,133 --> 00:00:30,833 diálise ou ser transplantado de ril 8 00:00:30,833 --> 00:00:34,533 como termo medio antes de que cumpra os 60 anos de idade. 9 00:00:34,533 --> 00:00:41,066 Hai factores de mal prognóstico, é dicir, factores que fan que o curso da enfermidade sexa máis rápido, 10 00:00:41,066 --> 00:00:43,066 sexa unha enfermidade máis acelerada. 11 00:00:43,066 --> 00:00:47,032 Estes son factores xenéticos así como o volume renal 12 00:00:47,033 --> 00:00:49,699 e a presenza de hipertensión arterial. 13 00:00:49,700 --> 00:00:56,566 Segundo o Rexistro Galego de Enfermos Renais, no ano 2014 once de cada 100 pacientes 14 00:00:56,566 --> 00:00:59,966 da nosa comunidade autónoma que necesitaban diálise 15 00:00:59,966 --> 00:01:01,766 ou que estaban transplantados de ril 16 00:01:01,766 --> 00:01:04,966 eran como consecuencia desta enfermidade. 17 00:01:04,966 --> 00:01:12,166 O crecemento progresivo dos quistes condiciona que o tamaño renal dos pacientes 18 00:01:12,166 --> 00:01:15,099 que estean afectados por esta enfermidade sexa moito maior 19 00:01:15,100 --> 00:01:18,033 que o tamaño renal das persoas sas. 20 00:01:18,033 --> 00:01:24,233 Este crecemento progresivo dos quistes condiciona que moitos destes pacientes teñan dor, 21 00:01:24,233 --> 00:01:28,066 sangrado e infección dos quistes. 22 00:01:28,066 --> 00:01:33,632 Estas manifestacións tamén poden aparecer nos quistes hepáticos. 23 00:01:33,633 --> 00:01:39,499 Por que os pacientes con poliquistose renal autosómica dominante poden presentar dor? 24 00:01:39,500 --> 00:01:46,600 As causas son varias: a infección de ril, a infección dos quistes, 25 00:01:46,600 --> 00:01:48,933 a ruptura e sangrado dos quistes 26 00:01:48,933 --> 00:01:51,733 e tamén porque teñen unha maior tendencia a producir cálculos 27 00:01:51,733 --> 00:01:55,699 renais en relación coa poboación sa. 28 00:01:55,700 --> 00:02:00,366 A ruptura e sangrado dos quistes, ademais de dor, 29 00:02:00,366 --> 00:02:04,966 pode condicionar que aparezan ouriños con sangue 30 00:02:04,966 --> 00:02:10,866 e a infección do ril e dos quistes, ademais de dor lumbar ou abdominal, 31 00:02:10,866 --> 00:02:14,299 tamén pode producir febre. 32 00:02:14,300 --> 00:02:18,933 Actualmente esta enfermidade non ten un tratamento curativo. 33 00:02:18,933 --> 00:02:22,999 Os pacientes son tratados das manifestacións que acabamos de enumerar: 34 00:02:23,000 --> 00:02:26,366 son tratados de dor, son tratados pola infección, 35 00:02:26,366 --> 00:02:28,666 son tratados polo sangrado e 36 00:02:28,666 --> 00:02:31,999 son tratados pola hipertensión arterial.