1 00:00:05,380 --> 00:00:07,380 Agora que xa coñecemos un pouquiño máis 2 00:00:07,380 --> 00:00:09,460 por que aparece a psoríase? 3 00:00:09,460 --> 00:00:11,300 e como é a psoríase? 4 00:00:11,300 --> 00:00:13,590 imos falar e centrarnos un pouco máis a fondo 5 00:00:13,590 --> 00:00:15,980 na manifestación clínica da enfermidade. 6 00:00:16,920 --> 00:00:18,760 Como xa acaban de mencionar, 7 00:00:18,760 --> 00:00:20,520 a psoríase é unha enfermidade 8 00:00:20,520 --> 00:00:23,180 que se caracteriza pola aparición de placas; 9 00:00:23,180 --> 00:00:25,670 é dicir, lesións palpables que teñen unha 10 00:00:25,670 --> 00:00:28,419 coloración avermellada ou eritematosa 11 00:00:28,419 --> 00:00:31,580 e que en superficie forman unha escama esbrancuxada 12 00:00:31,580 --> 00:00:33,020 ou branco-anacarada 13 00:00:33,020 --> 00:00:36,090 e a forma máis común ou máis frecuente de psoríase 14 00:00:36,090 --> 00:00:39,590 é a psoríase vulgar ou a psoríase en placa crónica, 15 00:00:39,590 --> 00:00:40,590 que é a psoríase que 16 00:00:40,590 --> 00:00:42,090 probablemente vostedes coñezan 17 00:00:42,090 --> 00:00:45,000 e que teñan algún familiar, o algún coñecido 18 00:00:45,000 --> 00:00:48,000 ao que lle afecte e que, como digo, pode chegar 19 00:00:48,000 --> 00:00:50,860 a afectar até a un 70% das persoas con psoríase. 20 00:00:51,400 --> 00:00:53,940 Ademais da psoríase en placa crónica 21 00:00:53,940 --> 00:00:55,100 ou a psoríase vulgar 22 00:00:55,100 --> 00:00:57,880 existen outras formas que imos ver en detalle 23 00:00:57,880 --> 00:00:59,020 como por exemplo 24 00:00:59,020 --> 00:01:01,560 a psoríase en gotas ou a psoríase guttata. 25 00:01:01,560 --> 00:01:03,100 Esta imaxe corresponde a un paciente que 26 00:01:03,100 --> 00:01:05,579 presenta unha psoríase vulgar ou unha psoríase 27 00:01:05,580 --> 00:01:09,220 en placa crónica, pero que neste caso é severa. 28 00:01:09,220 --> 00:01:11,280 Unha enfermidade extensa que afecta 29 00:01:11,281 --> 00:01:13,530 probablemente a máis dun 70%, un 80% 30 00:01:13,530 --> 00:01:15,149 da superficie corporal, 31 00:01:15,149 --> 00:01:16,490 onde vemos esas lesións 32 00:01:16,490 --> 00:01:19,439 en placa, eritematosas, con esa escamadura 33 00:01:19,440 --> 00:01:22,240 esbrancuxada anacarada dispersas por toda a 34 00:01:22,240 --> 00:01:23,280 superficie corporal. 35 00:01:23,900 --> 00:01:27,120 Esta é unha imaxe típica dunha lesión de psoríase, 36 00:01:27,130 --> 00:01:29,700 observamos unha placa eritematosa, 37 00:01:29,700 --> 00:01:32,960 avermellada cunha escamadura en superficie, 38 00:01:32,960 --> 00:01:35,179 unha escamadura esbrancuxada ou branco-anacarada 39 00:01:35,179 --> 00:01:37,469 que esta adherida e que ten uns límites 40 00:01:37,469 --> 00:01:38,900 moi moi ben definidos. 41 00:01:39,520 --> 00:01:41,700 Nesta imaxe observamos as costas dun paciente 42 00:01:41,700 --> 00:01:44,120 ue presenta un brote de psoríase en gotas. 43 00:01:44,120 --> 00:01:45,979 Como podemos observar son lesións 44 00:01:45,979 --> 00:01:47,560 de moi pequeno tamaño, 45 00:01:47,560 --> 00:01:49,909 eritematosas, cun pouquiño de escamadura 46 00:01:49,909 --> 00:01:51,840 ou hiperqueratose en superficie 47 00:01:51,840 --> 00:01:53,560 e a imaxe é moi descritiva, 48 00:01:53,560 --> 00:01:55,590 porque podería corresponderse perfectamente 49 00:01:55,590 --> 00:01:58,390 coas salpicaduras que provoca a auga sobre 50 00:01:58,390 --> 00:02:00,950 a superficie da pel e de aí vén o seu nome. 51 00:02:00,950 --> 00:02:03,179 A psoríase en gotas ou psoríase guttata 52 00:02:03,179 --> 00:02:04,899 é unha forma clínica de psoríase 53 00:02:04,899 --> 00:02:07,229 que adoitamos ver en pacientes novos, 54 00:02:07,229 --> 00:02:09,179 adolescentes, despois dunha infección 55 00:02:09,179 --> 00:02:10,990 faringo-amigdalar por estreptococo. 56 00:02:10,990 --> 00:02:12,790 É unha forma de bo prognóstico 57 00:02:12,790 --> 00:02:14,320 porque en moitas ocasións 58 00:02:14,320 --> 00:02:15,750 despois da resolución da infección, 59 00:02:15,750 --> 00:02:18,110 co tratamento antibiótico adecuado, 60 00:02:18,110 --> 00:02:21,140 a psoríase, o brote de psoríase resóolvese e, 61 00:02:21,140 --> 00:02:22,350 con sorte, non volve ter 62 00:02:22,350 --> 00:02:24,080 lesións de psoríase nunca máis o paciente. 63 00:02:24,960 --> 00:02:26,860 Xa temos falado da psoríase vulgar ou 64 00:02:26,870 --> 00:02:29,401 psoríase en placa crónica e tamén temos falado 65 00:02:29,401 --> 00:02:31,690 da psoríase en gota ou psoríase guttata. 66 00:02:31,690 --> 00:02:32,780 A continuación, 67 00:02:32,780 --> 00:02:35,510 dedicarei unhas palabras á psoríase pustulosa. 68 00:02:35,510 --> 00:02:37,720 A psoríase pustulosa é unha forma de psoríase 69 00:02:37,720 --> 00:02:39,940 que, como o seu nome indica, aparecen pústulas 70 00:02:39,940 --> 00:02:41,020 na pel. 71 00:02:41,020 --> 00:02:43,140 Existen dúas formas de psoríase pustulosa 72 00:02:43,150 --> 00:02:45,930 e a primeira delas é a psoríase pustulosa localizada 73 00:02:45,930 --> 00:02:48,240 e esas localizacións van ser precisamente 74 00:02:48,240 --> 00:02:50,380 as palmas e as plantas. 75 00:02:50,380 --> 00:02:53,700 Como sabemos, utilizamos as mans e os pés 76 00:02:53,700 --> 00:02:56,380 para todas as actividades da nosa vida diaria, 77 00:02:56,380 --> 00:02:58,280 é por tanto fundamental 78 00:02:58,290 --> 00:03:00,330 realizar un tratamento eficaz 79 00:03:00,330 --> 00:03:02,050 nestas formas de psoríase pustulosa 80 00:03:02,050 --> 00:03:05,050 e moitas veces os tópicos non son suficientes 81 00:03:05,050 --> 00:03:07,930 e temos que recorrer a tratamentos sistémicos 82 00:03:07,930 --> 00:03:11,040 a pesar de que a localización anatómica sexa pequena. 83 00:03:11,040 --> 00:03:12,980 A segunda forma de psoríase pustulosa 84 00:03:12,980 --> 00:03:13,980 da que imos falar 85 00:03:13,980 --> 00:03:16,440 é a psoríase pustulosa xeneralizada, 86 00:03:16,440 --> 00:03:18,780 é unha forma de psoríase grave, 87 00:03:18,790 --> 00:03:20,290 unha forma de psoríase que moitas veces 88 00:03:20,290 --> 00:03:22,330 require de ingreso hospitalario 89 00:03:22,330 --> 00:03:23,410 para poder controlar 90 00:03:23,410 --> 00:03:25,900 todas as complicacións que poida asociar. 91 00:03:26,400 --> 00:03:28,640 Son pacientes, como digo, que están afectados, 92 00:03:28,640 --> 00:03:31,290 que teñen pústulas por toda a superficie do corpo 93 00:03:31,290 --> 00:03:33,920 e que hai que realizar tratamentos eficaces 94 00:03:33,920 --> 00:03:35,640 e tratamentos seguros. 95 00:03:35,640 --> 00:03:37,720 A última das formas clínicas de psoríase 96 00:03:37,720 --> 00:03:40,720 que imos falar hoxe é a eritrodermia. 97 00:03:40,720 --> 00:03:42,630 A eritrodermia defínese como 98 00:03:42,630 --> 00:03:44,140 a aparición de eritemas; 99 00:03:44,140 --> 00:03:46,870 é dicir, avermellamentos e escamadura 100 00:03:46,870 --> 00:03:49,340 que afecte a máis do 90% da superficie corporal. 101 00:03:50,060 --> 00:03:51,980 A psoríase é a principal causa 102 00:03:51,990 --> 00:03:54,220 de eritrodermia en adultos e a segunda 103 00:03:54,220 --> 00:03:56,060 causa de eritrodermia na infancia. 104 00:03:56,060 --> 00:03:57,240 Igual que sucede coa 105 00:03:57,240 --> 00:03:59,069 psoríase pustulosa xeneralizada, 106 00:03:59,069 --> 00:04:02,160 a eritrodermia é unha forma severa de psoríase, 107 00:04:02,160 --> 00:04:04,460 pode asociar complicacións moi importantes 108 00:04:04,470 --> 00:04:07,390 en moitas ocasións require ingreso hospitalario 109 00:04:07,390 --> 00:04:10,040 e un manexo próximo de estes pacientes. 110 00:04:10,040 --> 00:04:12,140 Até agora fixemos referencia ao aspecto 111 00:04:12,150 --> 00:04:13,900 clínico que presenta a psoríase, 112 00:04:13,900 --> 00:04:16,020 a como vemos as lesións de psoríase, 113 00:04:16,020 --> 00:04:17,120 pero é importante tamén 114 00:04:17,130 --> 00:04:19,039 saber o que senten os nosos pacientes. 115 00:04:19,039 --> 00:04:21,389 Unha das síntomas dos que máis se aqueixan 116 00:04:21,389 --> 00:04:23,480 e que realmente pode condicionar tremendamente 117 00:04:23,480 --> 00:04:25,150 a súa calidade de vida é a comechón. 118 00:04:25,640 --> 00:04:26,980 A comechón ou prurito 119 00:04:26,990 --> 00:04:28,639 podemos medilo a través dunha 120 00:04:28,639 --> 00:04:30,530 escala visual analóxica que oscila entre 121 00:04:30,530 --> 00:04:33,450 cero e dez e podemos facernos unha idea da cantidade 122 00:04:33,450 --> 00:04:35,240 de comechón que ten o noso paciente. 123 00:04:35,240 --> 00:04:36,460 É unha síntoma importante 124 00:04:36,460 --> 00:04:37,810 porque pode chegar a condicionar 125 00:04:37,810 --> 00:04:39,920 a calidade de vida dos nosos pacientes 126 00:04:39,920 --> 00:04:41,810 e pode dificultar actividades diarias 127 00:04:41,810 --> 00:04:44,120 como por exemplo a conciliación do sono. 128 00:04:44,120 --> 00:04:46,400 A calidade de vida dos pacientes con psoríase 129 00:04:46,400 --> 00:04:48,570 é un tema ao que ultimamente estamos 130 00:04:48,570 --> 00:04:49,910 a dar moita importancia 131 00:04:49,910 --> 00:04:51,730 porque estamos a ser quen de avaliar, 132 00:04:51,730 --> 00:04:54,310 de medir con escalas validadas 133 00:04:54,310 --> 00:04:56,980 como están a vivir os pacientes a súa enfermidade 134 00:04:56,980 --> 00:04:58,990 e como está a repercutir nas súas actividades 135 00:04:58,990 --> 00:05:00,270 e nos seus quefaceres diarios. 136 00:05:00,270 --> 00:05:02,610 Tense observado que os pacientes con psoríase 137 00:05:02,610 --> 00:05:06,419 teñen un maior grao de ansiedade e de depresión 138 00:05:06,419 --> 00:05:09,190 e que a súa sintomatoloxía psiquiátrica é necesario 139 00:05:09,190 --> 00:05:11,300 seguila e tratala convenientemente. 140 00:05:11,860 --> 00:05:14,420 Ademais, é importante destacar que na maioría 141 00:05:14,420 --> 00:05:16,760 dos ensaios clínicos, por non dicir todos, 142 00:05:16,760 --> 00:05:19,200 que teñen avaliado a melloría da psoríase 143 00:05:19,200 --> 00:05:21,880 e a correlación coa melloría de calidade de vida, 144 00:05:21,880 --> 00:05:23,550 tense constatado que dita calidade 145 00:05:23,550 --> 00:05:25,639 de vida mellora significativamente 146 00:05:25,640 --> 00:05:27,960 naqueles pacientes en que mellora a psoríase.