1 00:00:05,466 --> 00:00:08,966 A adherencia terapéutica, como lles dicía, é moi importante 2 00:00:08,966 --> 00:00:13,399 porque é o grao no que o paciente digamos que cumpre co tratamento. 3 00:00:13,400 --> 00:00:18,000 A adherencia terapéutica é o grao no que o paciente cumpre co compromiso 4 00:00:18,000 --> 00:00:21,333 ou pacto realizado cos profesionais sanitarios sobre os medicamentos 5 00:00:21,333 --> 00:00:24,333 que vai tomar e a forma axeitada de facelo. 6 00:00:24,333 --> 00:00:27,599 Entón, cando falamos de falta de adherencia terapéutica? 7 00:00:27,600 --> 00:00:31,133 Cando o paciente ou ben non toma a medicación que lle dixo o seu médico, 8 00:00:31,133 --> 00:00:34,799 ou ben aínda que a toma, non a toma de xeito adecuado, 9 00:00:34,800 --> 00:00:38,000 non toma o número de pastillas que lle dixo o médico, 10 00:00:38,000 --> 00:00:41,100 ou non o toma á hora na que lle dixo o seu médico, 11 00:00:41,100 --> 00:00:44,133 ou non o toma durante o tempo que lle dixo o médico. 12 00:00:44,133 --> 00:00:47,499 Un exemplo moi claro son os antibióticos. Fíxense vostedes a importancia 13 00:00:47,500 --> 00:00:50,900 que ten a falta de adherencia terapéutica que xa hai unha alerta da 14 00:00:50,900 --> 00:00:55,900 Organización Mundial da Saúde na que nos avisa aos traballadores da sanidade 15 00:00:55,900 --> 00:01:00,500 que temos que ter moito coidado co tema da adherencia porque, por exemplo, 16 00:01:00,500 --> 00:01:05,866 en tratamentos crónicos poida haber un 30% de pacientes que non toman o tratamento 17 00:01:05,866 --> 00:01:12,266 e isto xera un problema de saúde moi importante. 18 00:01:12,266 --> 00:01:15,332 Logo, ben, a falta de adherencia terapéutica como teñen aquí abaixo 19 00:01:15,333 --> 00:01:19,933 é un problema que preocupa a profesionais e autoridades sanitarias 20 00:01:19,933 --> 00:01:24,866 e que está nas mans de quen? Do paciente, non? o poder mellorala. 21 00:01:24,866 --> 00:01:32,266 A importancia, resúmoa brevemente, evidentemente se vostedes non toman, 22 00:01:32,266 --> 00:01:34,699 se non tomamos un medicamento que nos recomenda o médico para tratar unha enfermidade, 23 00:01:34,700 --> 00:01:38,000 non curamos a enfermidade, iso está claro. Pero é que 24 00:01:38,000 --> 00:01:44,466 ademais se pode dar un caso aínda peor a maiores, porque o médico pensa que non está a dar resultado, 25 00:01:44,466 --> 00:01:53,632 cando o que acontece é que non o estou tomando. 26 00:01:53,633 --> 00:02:02,199 E, ben, por último, hai que ter coidado, 27 00:02:02,200 --> 00:02:05,000 porque non tomamos o medicamento a horarios diferentes ou 28 00:02:05,000 --> 00:02:06,166 durante un tempo 29 00:02:06,166 --> 00:02:08,766 diferente ao que me pautou o médico, 30 00:02:08,766 --> 00:02:11,532 pode ocorrer que o medicamento non me faga o efecto desexado. 31 00:02:11,533 --> 00:02:16,899 Logo, para mellorar a adherencia terapéutica, o mellor sempre: intercambio de información, 32 00:02:16,900 --> 00:02:20,866 que coñezamos ademais, ben, que é o que esperan vostedes do tratamento, 33 00:02:20,866 --> 00:02:23,466 que medos teñen, porque hai xente que ten medo, 34 00:02:23,466 --> 00:02:26,166 que pensa que lle pode producir unha úlcera o seu tratamento... 35 00:02:26,166 --> 00:02:29,699 e todo isto que nolo comuniquen a nós, aos profesionais sanitarios, 36 00:02:29,700 --> 00:02:34,733 e nós a vostedes informarlles sempre do tratamento que lles estamos a dar. 37 00:02:34,733 --> 00:02:39,966 Con isto, todos os científicos, todas as autoridades, 38 00:02:39,966 --> 00:02:43,132 conclúen que se mellora a adherencia ao tratamento. 39 00:02:43,133 --> 00:02:47,166 Esa é a folla de medicación activa. Vostedes téñena que coñecer 40 00:02:47,166 --> 00:02:49,599 porque a temos desde hai tempo entre nós... e 41 00:02:49,600 --> 00:02:54,466 isto é unha novidade que é o pastilleiro semanal. 42 00:02:54,466 --> 00:02:59,032 Actualmente dentro do programa de atención ao paciente polimedicado dispoñemos 43 00:02:59,033 --> 00:03:03,999 destes pastilleiros cando vemos que o paciente está desbordado.