Exercicios: Descansos activos no traballo

Exercicios: Descansos activos no traballo

Descansos activos no traballo

A postura e o movemento vinculados á actividade nos postos de traballo son dous aspectos fundamentais á hora de previr trastornos de natureza músculoesquelética. A aparición destes trastornos vai unida non só á realización da tarefa en si, senón tamén a como se desempeña esta. As posturas incorrectas, os malos hábitos e os movementos repetidos deixarán pegada no corpo, igual que o fai o paso do tempo na pel en forma de engurras
Nunha contorna laboral, realizar exercicio non nos fará grandes deportistas, pero os efectos de reducir o tempo que permanecemos sentados sobre a saúde dependerá da actividade que realicemos nos períodos activos destinados á substitución dese tempo.

 

Estas recomendacións xerais son aplicables a toda a poboación adulta con dous claros obxectivos: por unha banda, a mellora dos hábitos na contorna laboral e por outra, a extrapolación ás prácticas extralabolares de fomentos da actividade física. Con todo, sería necesario axustalas a cada individuo en función da súa capacidade de realizar exercicio e dos riscos ou limitacións específicas que afecten á súa saúde.

 

 

 


Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde