Exercicios: Osteoporose

Exercicios: Osteoporose

Exercicio físico e osteoporose (I). Que tipo de exercicio podo facer

O verdadeiro problema da osteoporose é que o óso está máis predisposto a sufrir fracturas. Por iso, facer exercicio físico é fundamental para a súa prevención e tratamento. Non só mellora a saúde dos ósos, senón que aumenta tamén a forza muscular, a cooordinación e o equilibrio e contribúe a mellorar a saúde en xeral.


Non existe un estándar de cal é o mellor exercicio dentro do amplo grupo de pacientes con osteoporoses. Factores como a idade, a condición física, as limitacións que lle provoca a súa enfermidade, as experiencias previas en canto á práctica de exercicio físico, as contraindicacións médicas...son factores a ter en conta á hora de comezar un programa de adestramento.

Actividades cotiás realizadas de pé ou camiñando e que requiran transportar peso (levar as bolsas da compra, unha maleta ou unha mochila..) son actividades que reforzan as estruturas dos ósos. Por iso, as persoas encamadas ou aquelas que pasan moito tempo sen realizar actividade física perden masa muscular, os seus ósos debilítanse e perden aos poucos a súa estrutura ósea. Os mellores exercicios para os ósos son os que requiren soster o propio peso corporal (autocargas) e de pé mellor que sentados ou tombados. Recomendar camiñar, levantar pesas con movementos controlados e executados correctamente, traballar con bandas elásticas (gomas), facer sendeirismo, subir escaleiras, bailar...

 

Pola contra, teña en conta que aqueles exercicios ou actividades que non requiren soster o propio corpo, por exemplo, natación ou actividades acuáticas, montar en bicicleta, ...aínda que axudan a fortalecer e a manter fortes os músculos e reducen o risco de enfermidades cardiovasculares, non os son os máis eficaces para pacientes con osteoporose diagnosticada.

 

  • A nivel muscularO exercicio físico estimula o desenvolvemento muscular. O óso é capaz de resistir esforzos e tensións con maior facilidade. Unha musculatura potente actúa protexendo ao óso antes golpes e caídas.

 

  • A nivel articular. O exercicio físico estimula a mobilidade articular. Isto fai que a persoa estea máis preparada para responder ante situacións de desequilibrios.

 

  • Equilibrio e coordinación. O ejercico axuda a que o corpo estea activo e preparado, sendo menos propenso a sufrir caídas e tendo maior aguante no caso de que se produzan.

 

  • A nivel mental. Está máis que comprobado que a actividade e o exercicio axudan a que a persoa se atope máis áxil a nivel mental. Isto sobre todo é importante en idades avanzadas.

Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde